Lugar de Sego, s/n - Artes - Ribeira (A Coruña)
 
 
 

 

Na biblioteca do Museo podemos atopar diversas cartas manuscritas, algunhas son de carácter persoal, como a de un veciño da parroquia de Artes que se quere reunir con outro por mor de aclarar uns insultos e que data do ano 1845,outras son documentos oficiais como un permiso de armas ou o tìtulo de propiedade dun barco.

O museo posùe fragmentos dos Estatutos e Acta fundacional do Sindicato Agrario Catòlico Obrero de San Xuliàn de Artes, que foi o primeiro núcleo asociativo desta parroquia.

   
En relaciòn o mundo do mar hai un tratado de Trigonometría Naùtica que data do ano1742, e que foi editado no Seminario de San Telmo en Sevilla, destacamos tamèn diversas cartas mariñas, que datan de comezos do s.XIX, unha delas, que describe a costa dende Foz ata Camariñas, esta feita en Gran Bretaña no ano 1920,os britanicos sempre presumiron de ser os mellores navegantes, ainda que sufriron diversos naufraxios no S.XIX na costa da morte. Quizais foi este o motivo que os levou a estudiar con detalle esta parte da xeografia galega.

Na biblioteca temos tamèn dous libros de contabilidade que datan do ano 1909,e que recollen con total precisiòn e sen ningún erro as contas dunha empresa da zona.

Tamèn lle resultarà interesante a Enciclopedia moderna editada en Madrid no ano 1851 e que recollia nos seus 34 tomos o saber e os coñecementos da època.

Esta sala e onde se leva a cabo a labor administrativa do museo, rexistrando e catalogando as pezas novas.

© Centro Recreativo de Cultural de Artes - Telf. 981873052