Lugar de Sego, s/n - Artes - Ribeira (A Coruña)
 
 
 

A primeira sala do museo fai referencia os oficios que se desenvolvian na comarca do barbanza a comezos e mediados do seculo xx.

Entre eles destacamos un banco de carpinteiro con tódolos útiles que necesitaba un profesional para levar a cabo o seu traballo, un torno de ebanista e un aparello de canteiro usado para levantar pedras.

Incluso se conserva un muestrario de carpintería artística no que os clientes escollían o tipo de portas, mobles e adornos que querían para as suas casas.

Nunha comarca que baseaba a sua economìa no campo non podemos esquecernos dos labregos, que aparecen representados aquí a través dunha peza recoñecida por todos, pero que desgraciadamente empeza a desaparecer sustituída pola maquinaria agrícola; falamos do carro.

Pero non so dispoñemos do carro senón tamén de moitos aparellos de labranza como gadañas, arados, fouces.

E como non todo vai ser traballar, tamén hai momentos para a diversión temos unha lagareta, un pequeño lagar onde se facía o viño de maneira tradicional cando se celebraban festas na casa.

 

Nesta sala tamén podemos contemplar moedas e billetes de diferentes países que chegaron o museo a través dos emigrantes da comarca.

Rematamos esta primeira sala con un pequeño espacio adicado o mundo relixioso, con diversas imaxes como un San Xulian, patròn de Artes, un San Antonio e incluso unhas columnas barrocas do s.XVIII procedentes do retablo da igrexa parroquial de Artes.

© Centro Recreativo de Cultural de Artes - Telf. 981873052