Lugar de Sego, s/n - Artes - Ribeira (A Coruña)
 
 
 

A segunda sala do museo fai referencia o mundo do fogar, e nela destaca a presencia dun magnìfico tear no que se tecia o liño, o proceso desta planta dende que se labraba ata que se convertia en tela e sumamente laborioso, e hoxe en dia xa non se realiza, antigamente xuntabànse todolos mozos e mozas do lugar e faciase o traballo de forma conxunta.

 

Outra peza interesante e a roca, e empregàbase para facer madeixas de fio.

Algo mais modernas son as màquinas de coser, ainda que algunha ten mais de cincuenta anos.

Tamèn chama a atención nesta sala unha lareira con todos os elementos necesarios para facer de comer, dende unha gramalleira para pendurar os potes encima do lume, ata unha artesa na que se gardaba a masa para facer pan, e incluso unha filloeira, na que se facia o postre tìpico galego.

Como en toda casa que se precie non pode faltar o "chinero",un moble moi habitual nas cociñas galegas, e que tamèn ten a sua representación no noso museo.

Ademais da cociña, hai outros elementos que pertencian a outras zonas da casa, como un lavabo "moderno" que tiñan un depòsito de auga incorporado e un balde debaixo para recollela cando saia polo desauge, unha bañeira de zinc ,material que normalmente non se empregaba para estes casos, e un vaporizador que se enchia de auga e plantas e tiña funciòns medicinais.

Outro obxecto que se usaba habitualmente no fogar era o ferro de pasar, para quitarllle as enrugas a roupa, e aquí dispoñemos de distintos modelos e tamaños.

Temos un pequeño apartado no que están expostos xogos populares,algúns deles xa non se practican como o aro, ou os zancos, outros aínda sobreviven como o pión ou a corda.

 

Hai un pequeño espacio neste museo adicado a unha persoa moi coñecida na comarca, o seu nome era Paco do monte, el encargàbase de amenizar as romerias a mediados do s.XX tocando a gaita. Pouco a pouco foi ensinandolle os seus fillos e asi toda a familia se dedicaba a tocar algún instrumento. Isto non serìa nada especial excepto por un pequeño detalle, ningún deles tiña estudios musicais, todos tocaban de oido.

© Centro Recreativo de Cultural de Artes - Telf. 981873052