Lugar de Sego, s/n - Artes - Ribeira (A Coruña)
 
 
 

Como a comarca do Barbanza ten unha forte tradicción mariñeira adicamóslle a última sala o mundo do mar.

Conservamos no museo dous motores mariños, un deles creado pola empresa Hermanos Martìnez Rodríguez fundadores do taller mecànico El Nerviòn, este motor vendeuse en Francia e Portugal ademais de España.

Este negocio familiar foi pioneiro en Ribeira ,chegando a ter mais de 100 empregados, todos eles con seguridade social, procurando asi prosperidade ecònomica nos anos da posguerra.

Tamén dispoñemos dun motor Pazó da zona de Pontevedra do seu fundador José Pazó Martinez. Fabricáronse de 2.500 a 3.000 motores distribuidos por toda a Península e Marrocos en diferentes gamas.

Da zona do Grove dispoñemos dun motor Lores, que eran motores realmente artesanais e levaba moito tempo facelos.

O outro motor, chamado Ayon (Noya o reves) tamèn foi creado por un veciño desta zona , Josè Rodríguez Fernàndez, pero esta vez fora de Galicia, foi comercializado en toda España, incluso na sùa ùltima etapa chegou a venderse en Venezuela.

Hai tamèn outros obxectos de interès relacionados co mar, como un sextante, que se empregaba para determinar a posición do barco en base a mediciòn da altura dos astros , un compas marìtimo, que serve para determinar a direcciòn na que se navega , hèlices, sondas para comprobar a profundidade e o tipo de fondos mariños.

Pero non sería xusto falar de mar e non mencionar a peza fundamental da exposición, un dorna , embarcación característica desta comarca que ten a súa propia festa en Ribeira dende hai mais de cincuenta anos. Ademais contamos tamén cunha vela de mais de 100 anos de antiguedade, e un gran número de aparellos de pesca, como nasas, un bou de arrastre, un mediomundo e varios tipos de farois ,que se empregaban nestas embarcacións cando a pesca era levada a cabo de noite.

Para rematar , mencionamos unha variada colección de fotografías da costa de Ribeira , dos mariñeiros faenando e do proceso de construcción dunha dorna.

© Centro Recreativo de Cultural de Artes - Telf. 981873052