Blogueir@s
Algúns dos blogs de Barbanza e arredores que atopamos. Se tes un, só tes que escribirnos a redaccion@certo.es e incluirémolo.
Para @s fotologueir@s tamén temos sección. Ou que pensabades?
Blog de reparacións caseiras
Unha iniciativa dun "manitas" a domicilio no Barbanza.http://teloarreglamostodo.blogspot.com/
Blog sobre Escarabote e Lampón
Unha iniciativa de Mario, o camioneiro "Sorro" natural deste lugar de Boiro.
Blog da X Mostra de Curtas de Noia
Unha bitácora que nace arredor desta mostra xa consolidada na vila noiesa. En 2008 é do 28 de novembro ao 7 de decembro.
Asociación "Achuchar" de Barbanza
Traballa para fomentar a lactancia materna natural.http://www.achuchar.blogspot.com
Asociación veciñal "Francisco Lorenzo" de Aguiño
Blog para o 25 aniversario do IES Boiro
Unha iniciativa que xa foi en outubro de 2008 pero que aínda segue vixente. Nostalxia a raudais.
En http://25aniversarioiespraiabarrana.blogspot.com
Circuito Voley Playa Barbanza
Para os interesados neste deporte que, como as bicicletas, é máis ben para o verán
http://www.circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com/
El joven Bryan Superstar
É de Noia. Moita música, viaxes e comentarios sobre literatura ou a vida mesma.
Blog do Clube Volei de Noia
(http://cvnoia.blogspot.com)
Blog do Gremmar
Que tamén saca a Gaspar (antes coñecido como Jean Floch, o arroaz turista).
Blog da Festa da Dorna
Aínda que teñen a web un tanto paradiña (sobre todo en ligazóns, marilús), esperemos que o blog flúa máis e mellor. Noticias e vídeos dorneiros a esgalla.
Veciños de San Pedro de Muro
En Porto do Son tamén esta parroquia conta cun blog. Nel contan as súas iniciativas e promoven o turismo e a cultura relacionados coa bisbarra.
Nebra tamén está na blogosfera
Subliñan que é unha páxina non oficial. Bitácora para esta parroquia de Porto do Son.
Clases sen fume
Alumnos dun colexio de Ribeira (Bayón) intentan sensibilizar en asuntos de saúde. Ánimo, rapaces, ninguén dixo que fora doado.
U-Tres, grupo de rock do Son
É un blog aínda noviño, por iso non estamos nel no apartado de prensa. Cando o poñemos aquí só ten dúas entradas (7 de maio de 2008)
Vai de Roda
Unha asociación folclórica tradicional (música e baile) de Rianxo que conta con blog. A tradición na Rede, como ten que ser:
Blog de Deportes en Noia
A febre dos blogs tamén chega ao apartado deportivo en Noia. Só hai que premer nesta ligazón: http://deportesnoia.blogspot.com
Blog de Cultura en Noia
A concellalía de Cultura, que en 2008 dirixe Lola Caramés, acaba de estrear blog para informar das súas actividades. Non foi sen tempo, esperemos que sexa con xeito. Mentres non teñan cabeceira con imaxes, prema na que lle poñemos arriba e accederá. Ou clique en http://www.culturaennoia.blogspot.com
Colectivo Sacou
"O Colectivo Literario Sacou, é um grupo formado em Noia-Outes lá polo ano 1998, por rapaces e rapazas novos/as interesados na literatura, pintura, teatro, etc... comprometidos com a causa da defessa da cultura galega. Umha grande parte dos seus actuais componhentes (ou ex componhentes) caminham por sendeiros individuais sendo poetas, escritores, pintores, actores, etc...", din eles mesmos no seu perfil blogueiro.
PP de Dodro
Ben por Dodro. Un blog, aínda que sexa político e só interese aos que comparten as ideas deste partido, fala do máis local, do que máis lle interesa á xente dun lugar. E así, ao estar en Internet, colócao no mundo, en todo o mundo.
Embaixada do Mar
O blog do Cemma sobre o arroaz que apareceu na dársena de Ribeira en xaneiro de 2008.
Arqueoneixón
O blog máis comentado nos medios españois, ata saiu na Galega -circula o vídeo por You Tube- é o dunha rapaza de Boiro. Perdeu folgos en 2008
http://pauladeboiro.blogspot.com/
Di ser o primeiro político galego con blog. Sabemos que Fraga foi o primeiro político con correo electrónico pero non o usaba el. Considérase do Barbanza e vive a cabalo -non sabemos se é xinete- entre Outes e Santiago.
O alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, ten un blog pero o seu concello ten a web en obras. As obras das webs son como as outras?
http://rafaelgarciaguerrero.blogspot.com/
Un blog de Rianxo, comentarios sobre política, actualidade, e festas. Da gusto ver cómo emprega as novas tecnoloxías para saber cánta xente estivo na Guadalupe.
Este "blogue" (así galeguizaron o nome) é de Rianxo, e ten un premio. É dun colexio.
http://www.blogoteca.com/educaldea/
E tamén fixeron un blogue coa súa biblioteca. Isto si que é usar ben as novas ferramentas tecnolóxicas
Un blog dun intelectual ribeirense que traballa para o Consello da Cultura Galega
http://www.manuelgago.org/blog/
Xa que falamos de intelectuais, máis
http://ateneovalleinclan.blogspot.com/
O blog dun de Ribeira. Que non da nin o pé nin a perna -non se actualiza- dende hai moito tempo.
Outro blog de Ribeira. Vai parecer que son pouco serios os blogueiros desta vila. As actualizacións escasean
O blog do Capitán é unha taberna dixital, de Ribeira tamén
http://threebrothers.wordpress.com/
Non é de Ribeira pero vai cada pouco, e fala moito dela na súa bitácora, así que fichámola
Páxina anterior: Barbanza na rede
Páxina seguinte: Paula de Boiro













