Carlos Mosteiro
Carlos Mosteiro: "A infancia sempre é feliz, esteas onde esteas"
Para quen queira cotillear a súa biografía, a Editorial Galaxia di esto.
É vicepresidente de Barbantia, pero a información sobre el alí é ben escasa.
Na Biblioteca Virtual Galega hai unha nota autobiográfica do autor ben simpática.
Foi alí, neste último lugar, onde nos enteramos de que escribiu isto
|
|
||||||
|
|
||||||
|
|
||||||
|
|
||||||
"É bo ver e escoitar aos autores galegos, esquecidos como están polo público. deberían ser máis coñecidos que toda esa galaxia de figuras que saen nos medios e que ben pouco aportan á cultura que vai quedar e ó crecemento espiritual individual e colectivo".

Pero xa está ben de entreterse co accesorio e imos cos chícharos (a entrevista que lle fixemos nós). Tal e como saíu da gravadora:
Preguntámoslle primeiro se todas as biografías que se atopan del en Internet son correctas:
Algunha cousa na web inventei... -literariamente falando, supoñemos, se viron o que escribiu na Biblioteca Virtual Galega daranse conta-
En todas cadra que a túa nenez foi feliz...
Si, basicamente si, aínda que vivín no franquismo, a infancia sempre é feliz, esteas onde estés. Se me descuido, aínda que esteas en Kosovo, eres feliz
Aínda que o pases mal?
Si, aínda que o pases mal pásalo ben, porque é a imaxe que tes, se botas a vista atrás
Non será o recurso do cerebro para enganarte e sobrevivir?
Non che digo que non. Seguramente se vives nunha favela en Brasil, cando tiñas trinta anos, se a cousa che vai un pouco ben, incluso lle ves algo positivo á túa nenez. Pero si, pode ser un engano da mente, sexa como sexa, é así.
(Lin o voso xornal por primeira vez cando saíu a escritora de telenovelas. Para min foi unha sorpresa porque non o sabía, e iso que lle merco o periódico tódolos días no seu quiosco, ademais xa llo teño encargado. Non tiña nin idea.
Tendencia á divagación de entrevistado e entrevistador. "É un problema". O entrevistador cóntalle que tamén lle pasou co último entrevistado, Xesús Santos, e Carlos Mosteiro conta a anécdota da entrega do premio "Sireno de Bronce" de Barbantia: "Todos os desa xeneración se "enrollan" moito, porque teñen tantas lembranzas, que como lle comeces a falar dunha cousa sáelle todo...", xustifica. "Na entrega a Díaz Pardo falou, falou, falou, e houbo un momento no que parou un pouco e aplaudímoslle para que "calara" e el colleu a indirecta, pero foi entrañable".
Preguntámoslle cómo vira a Díaz Pardo cando foi a Boiro: "Para ter 87 anos, está ben, ben conservado" (é unha forma moi diplomática de decir que vai velliño)

-Dis sempre que es escritor por vocación. Hoxendía non é xa unha provocación ser escritor?
-Si, son escritor por vocación sobre todo. Pero non como unha forma de vivir da literatura. Cando Suso de Toro anunciou que ía vivir da literatura a min decepcionoume. Eu admíroo, son un lector empedernido das súas novelas, pero me pareceu como se algo se rompera. Un, no sistema literario galego alomenos, non aspira a vivir da literatura polo simple xeito de que somos tres millóns e medio de habitantes dos cales len 2.000 ou 3.000. Entón, escribes basicamente por vocación. Pero o que acabas de decir tamén é certo: ser escritor hoxendía é dalgunha maneira unha provocación.
-Queres contar algo en concreto cando escribes ou falo por outras razóns?
-Eu son mestre e ao dedicarme á literatura infantil e xuvenil ten que ver con que estou con nenos tódolos días. Os nenos son a fonte de inspiración, estou cos meus personaxes tódolos días. Ese foi o motivo polo que me encaucei por aí, polo que me adico a ese sector de público lector. Pero antes de ser mestre xa escribía. Tamén fun futbolista, e sempre escribín. Dende que recordo, dende os 10 anos, a escritura foi algo que sempre me chamou desde pequeno. Ti es moi mozo, pero as telenovelas que agora hai en televisión habíaas na radio nos anos 60 (eu son do 55), así que cando tiña dez anos, de luns a venres, na Cadena Ser botaban cinco radionovelas. Eu escoitaba esas historias mentres merendaba, pois tiña que estar calado porque se reunían miña nai e as amigas, e como falara me caía unha boa. Entón, aquelo, o escoitar historias, me fixo dalgunha maneira querer escribilas. Primeiro un escoita e logo quere emulalas escribindo.
-Sempre falas moi ben da familia. Ti non tivestes que ir a Lourdes, senón que veu a ti (Lourdes é o nome da súa muller), e nomeas aos teus fillos a miúdo. Os americanos dirían que es o típico "family man". Impregna iso a túa literatura?
-Si, é algo recurrente no que escribo. Ata o de agora teño catro libros publicados, aparte de contos en libros colectivos. E agora que o dis, si, en todos está a cuestión familiar.
-Por "Unha bruxa ben rara" recibistes o "Barco de Vapor", dotado con 6.000 euros...
-Si, eu fun o derradeiro en recibir esa cantidade. Agora son 10.000 euros (risas)

- Para que valen os premios en literatura?
- Eu téñoo claro. Por definición son relativos. REsponden ao gusto dun xurado concreto. Seguramente un xurado falla un premio e se lle cambias dous membros, ao mellor o premio é distinto. Gañar un premio literario non significa moito, non quere decir que a túa obra sexa mellor ou pior que ao mellor seis ou sete que se presentaron que teñen o teu nivel. Pero cumpren a función de altofalante: un libro polo feito de ser premiado xa ten unha serie de publicidade gratuita nos xornais, polo menos cando sae a nova. Esa é a función, e considero que é necesaria...
- Pero a determinados niveis son un engano, iso non vai en desdouro dos premios non amañados, que intentan axudar a lanzar escritores e libros con calidade?
-Sen dúbida. O premio Planeta é unha indignidade e unha tomadura de pelo. Pero en Galicia, estou convencido e seino, de que os premios non están amañados. Eu fun xurado nalgún premio e pódoo asegurar. Todo se andará, pero agora non.

- Claro, a editorial é unha empresa, ten que gañar diñeiro para subsistir. Aínda así, é bastante difícil compaxinar lucro con literatura. Un día falaba con Marilar Aleixandre e queixábase de que ás veces, ao enviar obras a editoriais, rexeitábanlles os textos porque eran "demasiado literarios para os nenos". Ás veces se prima que se vaia a vender, que sexa polémico ou atractivo para as vendas, non que sexa boa literatura.
- Panorama cultural na comarca...
- Está a un nivel alto. Hai tres anos, cando creamos Barbantia, nunha comida que fixemos en Boiro Riveiro Coello, Santos Suárez, Suso Laíño e outros moitos, eu estaba alí e ao falar de facer unha asociación cultural eu era moi escéptico. Aparentemente non vía eu que no Barbanza houbera moito movemento, excepto en Rianxo. Eu vía Ribeira, Pobra... aquí vivía Anxo Rei Ballesteros, sabía que alguén escribía, pero non vía moito potencial. Barbantia fixo agromar cousas que había debaixo. Grazas a esta asociación aflorou un montón de xente que escribía, e ben, de escultores, pintores... para min foi unha sorpresa boa. No eido da música hai un panorama alucinante. Hai unha especie de cultura invisible, que non sae nos medios, moitas cousas que non se saben ou non te enteras. Por exemplo, no Brea Segade están recobrando cancioneiros antigos. Hai un montón de xente, pola súa conta, e en grupos que están traballando pola cultura que para min é unha marabilla. había que facer público iso dalgunha maneira, facelo público...
-Non será que os medios falan de realidades que non interesan á xente?
-Totalmente. O mundo do xornalismo non é un mundo libre, o periódico ten un dono ou donos, cunha ideoloxía e liña editorial. Eu son consciente de que iso funciona así, e non lle vou decir nada a ningún xornalista, porque, quen é libre neste mundo? Pero si, hai moitos xornais que parece que viven noutro mundo, ou nós vivimos noutro mundo aparte. (Falamos nese momento do Barçca Madrid, que non se falaba doutra cousa). Entón a prensa, ao escoller unhas novas e outras non, fai ideoloxía. Eu aos meus alumnos sempre lles levo un recorte do Diario de Pontevedra de hai dous anos. É unha nova que, se a les, pasa case desapercibida, pero se te fixas, é unha manipulación. A noticia decía "A aula Castelao consegue que o concello subvencione con tantos cartos para a semana de filosofía". O mérito era da aula Castelao, e non do Concello, pero como había que dorarlle a pílula ao Concello, titulou así, e non era certo.
-Aquí abriuse o debate esquerdas-dereitas no xornalismo. Mentres o entrevistador pensa que iso non funciona, que os xornais están sempre co poder, que é o que paga, Mosteiro apuntou á Voz como diario conservador. "É un tema moi complicado". Posicionamento da Voz coa Cidade da cultura: estaba calada porque recibía cartos. É así de triste...Pero non imos falar diso...apliquemos off the record
Mosteiro segue: "Agora son un convencido. Había un entramado cultural pero non o coñecíamos. O que fixo Barbantia foi poñernos en contacto".
-Axúdanvos as novas tecnoloxías...
-Si, é unha canle poderosísima de información, e axuda moito a relacionarnos.
 [640x480].jpg)
- Poder e cultura: como vos tratan os políticos?
- Hai colectivos que entenden a cultura como un adversario. Non digo que sexan como Goebbels (ministro nazi de Propaganda), que cando oía a palabra cultura dábanlle ganas de botar man á pistola, non a sacan porque estaría mal visto... Non creo que todos os políticos sexan iguais, non é verdade. Pero hai uns máis reticentes que outros. No caso concreto de Barbantia, observamos que en xeral a actitude primeira foi de cautela, de ver por onde íamos. Se eramos o brazo armado dun partido e non... na asociación hai xente de tódalas forzas, aínda que teño que decir que do Partido Popular pouca. É un cliché que eu teño, pero penso que a xente conservadora ten pouco interese pola cultura en xeral. En canto se viu que non eramos de ninguén, empezaronse a relaxar e incluso participar. Hoxe -o día da entrega do "Sireno" de Barbantia a Isaac Díaz Pardo- estaba Torres Colomer e xente do PP. Ao primeiro sospeitaban que eramos do Bloque e xa viron que non, que hai de todo.
Excepcións: o Concello da Pobra. A cultura é inexistente. Na Pobra do Caramiñal o interese pola cultura é nulo. Sínteno como unha ameaza. Cando intentas facer algo as reaccións son frías, distantes, e prefiren "non meneallo"
 [640x480].jpg)
- Eu traballo nun colexio de Primaria, con nenos de 6 a 12 anos. Esa idea de que os nenos non len é unha falsedade absoluta. É unha forma de autoxustificarnos os adultos: somos nós que non lemos. Os meus alumnos de Sexto leron tres libros e pásano ben. Pero os nenos están suxeitos a tal cantidade de estímulos que teñen o seu tempo limitado. Sobre todo ata que van ao instituto, os nenos len bastante máis que os adultos, pero bastante máis...
Asociación de Escritores en Lingua Galega: a web
Web de Barbantia: http://barbantia.org/
Un bo resumo do que se fixo en Barbantia aínda se pode ler aquí.
O próximo salón do Libro Infantil e Xuvenil en Galicia é en Pontevedra. Do 4 ao 10 de febreiro. Vai de medo, así que Mosteiro debería ter por alí "Unha bruxa ben rara". A web do salón é http://www.salondolibro.org
Web da Organización Española para el libro infantil (inclúe sección galega): http://www.oepli.org
A máis querida en Literatura Infantil, segundo unha universidade é Gloria Fuertes.
Centro de Estudios y Promoción de la literatura infantil: http://www.uclm.es/cepli
Páxina anterior: Ramón Torrado
Páxina seguinte: Xesús Santos

