Print This Page

Cultura

 

Toxosoutos en Boloña e Barcelona


Comics de Toxosoutos en Noia e Bologna

A editorial noiesa Toxosoutos está a participar na Feira do Libro de Bologna (Italia) como expositor. Esta feira, adicada ao libro infantil e xuvenil, celébrase este ano dende o 31 de marzo ata o 3 de abril. Enviou libros dos Barbanzóns e dos Pequenos Barbanzóns, banda deseñada saída da man de Pepe Carreiro e seu fillo. Tamén están a amosar "Actividades e recursos educativos dos museos galegos", unha publicación presentada hai poucas datas no Museo Pedagóxico de Galicia.


Museo Pedagóxico de Galicia

 

Por outra banda, o 18 de abril comeza o Salón do Cómic de Barcelona. Toxosoutos participa no stand de venda cos Barbanzóns e co libro "Compostela; historia dunha lenda". Os catro con guión e ilustracións de Pepe Carreiro.


 

Salon Comic Barcelona

 

Por outra banda, o día 12 de abril a mesma editorial fai entrega na casa de cultura de Porto do Son do "Premio de Historia Medieval de Galiza". Será ás doce e media da mañá. O premiado é André Marques, lusitano que en Certo entrevistamos no seu día, cando se fallou o premio. A obra, que está a piques de saír do prelo, é "O Casal: uma unidade de organizaçao do espaço no Entre-Douro-e-Lima". O finalista é o investigador galego Ernesto Iglesias Almeida co libro: "O antigo Bispado de Tui en Portugal".

 

Valle-Inclán, máis inéditos


A Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago terá acceso aos manuscritos, ata agora descoñecidos, do escritor galego para o seu estudo e publicación. Trátase dun fondo documental de máis de 5.000 páxinas, moitas inéditas, que a partir de agora poderá ser revisada polos investigadores da Cátedra compostelá.

Esta cesión formalizouse recentemente cun acordo entre os responsables da Universidade e os herdeiros do escritor, a familia Valle-Inclán/Alsina, que permitirá que os investigadores da institución académica accedan aos amplos fondos documentais orixinais, un legado que foi reunido, ampliado e conservado por Carlos del Valle-Inclán Blanco, fillo do escritor.

Os detalles desta cesión foron explicados este xoves nunha roda de prensa que presidiu o reitor da USC, Senén Barro,e  na que tamén participaron o neto do escritor, Javier del Valle-Inclán Alsina; o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández; e a directora da Cátedra Valle-Inclán da USC, Margarita Santos Zas, para quen “ter entre as mans estes milleiros de páxinas é un auténtico tesouro”.

A Cátedra Valle-Inclán

A Cátedra Valle-Inclán da USC creouse en 2002 como marco de integración e apoio da tarefa de investigación, actividades e proxectos que desenvolve o Grupo de investigación Valle-Inclán da USC dende 1994. Entre as súas actividades ao longo de todos este anos destaca un seminario permanente impartido por especialistas na obra do escritor galego.

A Cátedra dispón ademais dunha Biblioteca cunha colección con selo propio dirixida pola profesora Santos Zas e que pretende servir de canle á difusión universitaria da investigación e contribuír ao mellor coñecemento da obra do autor galego.

Polo de agora, a Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán ten publicado Mi bisabuelo, unha edición facsimilar do manuscrito autógrafo do escritor; El centro del círculo: La Lámpara Maravillosa, de Valle Inclán, de Virginia Milner; e Valle-Inclán, candidato republicano, de Amparo de Juan e Javier Serrano.

Proximamente publicarán a obra Archivo familiar de Valle-Inclán, unha descrición do fondo documental do autor; Letras de estima. Catálogo de obras dedicadas de la biblioteca de Valle-Inclán, de Javier del Valle-Inclán; e Todo Valle-Inclán en Roma (1933-1936), do Grupo de investigación Valle-Inclán da USC.

Información facilitada polo Xornal da USC

 

Imaxes sobre Cuba

A Feira do Libro da Habana está que ferve, segundo comentan os que aló están. O noso contacto fallou, pero aquí temos unhas imaxes para compensa-la espera.


Camiños de Ferro

No noso blog temos unha enquisa sobre os camiños de ferro no Barbanza. Vote, vote xa!

Saberá o mesmo a coca cola de Cuba?

Terán a súa propia receita de cola en Cuba?

Matanzas, un lugar clásico, A Atenas de Cuba

Horario dos vapores entre España e Cuba no século pasado

A mellor conserva de peixe

A mellor conserva de peixe: "El marinero de La Habana" cumple 100 anos en 2008

 

Toxosoutos en Cuba


Iria Lago perfil ollos vermellos
Iria Lago
A directora da Editorial Toxosoutos, Iria Lago, (www.toxosoutos.com) contounos as actividades que ten programadas na Feira do Libro da Habana na que vai participar neste mes de febreiro (A Feira vai do 13 de febreiro ao 9 de marzo). A editora colle o avión para a Perla das Antillas o luns 11 de febreiro e ofreceuse a contarnos as actividades máis interesantes se a conexión a Internet en Cuba llo permite.

A escritora Aurora Marco presentará a biografía de Avilés de Taramancos titulada "Un francotirador da fermosura" Libro de Aurora Marco

Xosé Lois García vai amosar dúas das súas novas obras: "Poesía anónima africana" e "Antoloxía dos poetas galegos en Cuba". Con Toxosoutos xa publicou "No imo do tempo", do que se pode ver a ficha e ler algo aquí.


O autor ten web propia en http://www.xoseloisgarcia.com/

Iria Lago explicou que "a Cuba non imos facer negocio" e laiouse un pouco da organización desta actividade cultural por parte da Xunta de Galicia. "Polo de agora, cos editores apenas falaron. Eu tiven que chamar para informarme de todo, e aínda non temos claro o que se vai facer alá. É surrealista que para unha Feira do Libro non se conte cos editores, e que esteamos aínda despistados", argüiu. A editora, que estivo no Salón do Libro de Franckfurt, en Alemaña, xa lle contou aos alumnos do obradoiro literario que imparte David Pérez en Noia como funcionan estas feiras e louvou a capacidade de Cataluña para presentarse e organizar a súa estadía nun salón tan importante coma o alemán. "Alí estaba todo o mundo, desde Laporta, o do Barça, ata o último empresario e representante da vida cultural catalana. Cada museo e cada discoteca de Franckfurt tiña actividades relacionadas coa cultura catalana. O deseño dos estands era do máximo nivel. Alí víronse meses de traballo duro e organización, algo que en Galicia aínda non aprendemos".

Galicia vai á Feira do Libro da Habana, que chega á súa XVII edición, como invitada, do mesmo xeito que foi Cataluña ao Salón do Libro de Franckfurt.
Entre os actos principais dos organizadores locais da feira, está a homenaxe especial aos premios nacionais de Literatura Cubana Antón Arrufat e Graziella Pogolotti, dos que se presentarán reedicións e novas obras. Pola súa banda, Galicia promocionará tamén a danza e a música galega con varias actividades que se desenvolverán no lugar de celebración da Feira,
na Fortaleza de San Carlos de la Cabaña de La Habana.

 

Microliteratura que ferve


Iso pretende o novo certame para a Rede que vén de propoñer o famoso portal de novas galegas Vieiros. Trátase dun concurso de microrrelatos eróticos que ten como agasallo para o gañador unha viaxe a Venecia de catro días para dúas persoas -pensamos que non é preciso que estean namoradas-. A data de presentación dos relatos comeza o luns 11 de febreiro e remata o luns 10 de marzo. O 17 de marzo revelarase ao gañador ou gañadora. Prema no logo dabaixo e lea as bases.


De microrrelatos vai tamén o concurso que organiza a Compañía de Radio e Televisión de Galicia (crtvg.es) e que ten como agasallo unha viaxe "con 40 culturetas galegos", como se di na noticia que deu Chuza! hai pouquiño. A ligazón para participar é esta.

 

A Fundación Castelao alóxase nun minipiso


Foto de A Peneira

Así o denuncia o xornal "A Peneira", nunha noticia da que nos facemos eco porque atinxe á cultura galega en xeral e á do Barbanza en particular. Castelao era rianxeiro e un dos que promoveu a Fundación que leva o seu nome foi Ramón Martínez López, o boirense que lle da nome á casa da cultura de Boiro e íntimo amigo de Castelao.

Na mesma noticia fala o presidente da Fundación Castelao agora, Avelino Pousa Antelo, un intelectual de 94 anos que se laia do que pasa co legado da figura cultural que máis une aos galegos.

Lea a noticia na fonte orixinal: A Peneira Dixital.

Unha biografía de Castelao, na Galipedia.

Agora entendemos como a páxina da Fundación Castelao é tan cativiña. Aquí

Unha necrolóxica de Ramón Martínez López, aquí.

 

Anxos Sumai en Noia


Anxos Sumai
A. Sumai


O sábado 22 de decembro vai estar a escritora Anxos Sumai en Noia. Proporcionará unha clase maxistral no seo do obradoiro literario que organiza o profesor e escritor David Pérez e que se desenvolve no instituto "Virxe do Mar" noiés. Este obradoiro ten como obxectivo formar alumnos no arte de escribir relatos e, como colofón, editarán un libro coa axuda da editorial noiesa Toxosoutos.


David Pérez sae do obradoiro literario no 'Virxe do Mar'

A escritora Anxos Sumai vén de ser escollida como "autora do ano" (premio Álvarez Blázquez) pola Federación de Editores Galegos. A súa obra "Así nacen as baleas" xa merecera este mesmo ano o premio de narrativa breve de Repsol YPF. No portal do Consello da Cultura Galega hai unha boa reseña desta obra. Se queres saber máis sobre esta autora, o mellor é ler os seus escritos. Durante máis de dous anos escribiu aquí.

 

María Mariño no portal do Consello da Cultura

Estatua na Alameda de Noia a María Mariño


Mentres en Noia, a súa terra natal, abre (o 13 de decembro) no Coliseo Noela a derradeira exposición do 2007 sobre esta poetisa, o portal web do Consello da Cultura Galega (culturagalega.org) adícalle o "Álbum de mulleres", onde se recollen imaxes, vídeos, sons e outro material relacionado coa autora á que se lle adicou este ano o Día das Letras Galegas.

O "Álbum" de María Mariño está aquí.

 

Xesús Santos: premio Barbantia 2007

caricatura

Noraboa. O entrevistado do exemplar número 4 de Certo vén de recibir o premio "Sireno á traxectoria cultural barbancesa" que concede a asociación Barbantia. Son os primeiros galardóns desta entidade á que contribuiu tamén a fundar o premiado, aínda que agora só é socio. Xesús Santos Suárez é difícil de definir: como entrevistado é un pracer falar con el, só ten o mesmo defecto que o entrevistador, vaise polos cerros de Úbeda (Xaén) en canto lle falan de algo que coñece ben, é unha auténtica enciclopedia. Para uns é un bo poeta, para outros mellor actor, e outros saben que foi un dos seus mellores mestres. Nado en 1936, a súa idade non lle impide realizar unha actividade cultural prodixiosa desde varios frentes: Pedrón de Ouro, fundación Rosalía de Castro, Barbantia... pero o que máis o enche de satisfacción, e notámosllo, é o seu grupo de teatro, Airiños, da parroquia de Asados, que en 2008 cumpre 75 anos co telón aberto, co que é o grupo de teatro decano de Galicia.


Xunto a Xesús Santos, o intelectual Isaac Díaz Pardo e a agrupación cultural 'O Faiado' de Boiro recibiron "sirenos". O día 14 de decembro será a entrega oficial de premios na Casa da Cultura de Boiro. De novo, noraboa aos premiados, aínda que pensamos que quen resulta premiada é Barbantia ao contar con semellantes activistas culturais entre as súas filas.


Telenovelas desde Pobra: Luz del Mar Estévez

La afición de escribir no le viene de ahora, pero un concurso de redacción de telenovelas en México hizo aflorar su vena de escritora y presentarse. Luz contesta a nuestras preguntas sobre esta aventura literaria.

Luz Estévez


¿Desde cuándo escribes?

Desde hace años, aunque hasta ahora no habia tenido la suerte de participar en un concurso ni tampoco se me había presentado una oportunidad.

¿Para escribir telenovelas hay que haber visto muchas antes?

No, la verdad es que lo que escribo muchas veces no es pensando en este género, pero tengo la ventaja de haber visto muchas, pero no es necesario.

Hay gente que considera que las telenovelas son parte de la televisión-basura: ¿qué les dirías?

Que muchas veces hablan de cosas que no conocen, o siconocen no quieren dar su brazo a torcer, porque este género ayuda a mucha gente a que vea las cosas tal y como son, porque la realidad siempre supera a la ficción, y este tipo de producto genera un movimiento de dinero muy grande aunque muchas veces no nos lo creamos, pero es así y en este momento lo tenemos aquí en nuestro país. "Yo soy Bea", es una producción que da mucho y que es un remake de "Betty, la fea", una telenovela colombiana, que ha conseguido hacer varias versiones en diferentes paises, USA, México, y ,¡cómo no! España. Ésta es una prueba palpable.

¿Has estado en México alguna vez?  ¿Cómo diste con este concurso? ¿Cómo funciona?

La verdad es que no, nunca he estado en ese país, pero es uno de mis sueños. Lo cierto es que di con este concurso por casualidad. Yo suelo entrar en foros dedicados a todo tipo de géneros, y una cosa llevó a otra y aquí estoy. Lo cierto es que el concurso salió a relucir debido a que este año se cumplen 50 años de la telenovela en México, y como relanzamiento convocaron este certamen para todo el que quisiera concursar.

¿Qué es lo más complicado de lo que escribes? ¿Quizás adaptar el lenguaje a la televisión o al país?

Un poco todo, ya que tienes que pensar que lo que estás escribiendo lo va a leer gente de diferentes países, ya empezando porque al país al que has enviado tu obra es México y aunque no hay mucha diferencia en la forma de entendermos tenemos que tener cuidado con lo que se escribe ya que empleamos frases diferentes y pueden ser tomadas de manera muy distinta a como las tomaríamos aquí. Además, cuando escribes lo tienes que hacer de manera que la persona que está leyendo se imagine cómo se estaría desenvolviendo si lo estuviera viendo en la televisión.

¿Notas diferencia entre una telenovela escrita por un hombre y por una mujer?

No existe mucha diferencia, pero la mujer intenta transmitir más los sentimientos en su obra, y ahí es donde se puede ver un poco la diferencia con el hombre, ya que el hombre es más práctico al escribir, y eso se puede apreciar en distintas telenovelas. Yo lo he comprobado a lo largo de los años, y aunque hay escritores muy buenos, las mujeres tenemos un toque que da un poco más de sensibilidad a la hora de dar a conocer los matices de una telenovela.


¿Cuál es la telenovela que más te marcó?

Hubo una que fue un boom en nuestro país: "Cristal". Una telenovela venezolana que vio toda España, que casi nadie se perdió, incluso recuerdo que hicieran preguntas en la calle y fuera mucha la gente que la siguió. Después hubo otras, como "Corazón salvaje", telenovela mexicana, y otras muchas.

¿Y tu libro preferido?

Leo un poco de todo, no hay un título en concreto, pero el suspense y lo romántico son mis géneros favoritos.He leído mucho clásico también, así como todo lo que han escrito Mary Higgins Clark y Johanna Lindsey. Estas dos autoras me han marcado a la hora de escribir.

¿Rompes algún tópico en tu telenovela?

Hablo de un poco de todo, ya que la telenovela empieza con un asesinato, así que la historia gira en torno a este acontecimiento y a la vida de los dos protagonistas, que ya de por sí traen de atrás cosas del pasado. El título "Una sola vida" se debe a que eso es lo que tenemos, y hay que vivirla como se pueda para poder  disfrutarla.

Trabajas en un quiosco: ¿tiene adeptos el género telenovela en las revistas?

Sí, muchos, más de los que se cree, y puedo decirlo a ciencia cierta ya que a mi me consta, y gente de todas las edades, ya que en este género no existe esa diferencia. Tambien hay que remarcar que el género de la telenovela lo ve tanto el hombre como la mujer, lo que pasa es que el hombre no lo reconoce, y conozco muchos casos.

La noticia de que Luz estaba concursando en México se la debemos al webmaster del Bar Plaza.

La web que convocó el certamen es esta.

La sección donde aparece Luz del Mar Estévez es esta.

Si quieres leer los tres capítulos de "Una sola vida", pincha aquí.


 

Chad en Ribeira: vídeos


Quen é quen

 

Os intervintes

Isabelle Reymond,traductora; Ali e Marta Sopeña, de Intermón Oxfam

 

Channel nº 5  en Ribeira

(ou como esquilmamos os europeos África aínda hoxe)

Charla de Ali

Ali Mahamat Mahmoudi pensa primeiro na súa lingua africana, logo fala francés pero enténdeselle todo. Espuxo na sé do Ateneo Valle-Inclán de Ribeira a situación dos desprazados e refuxiados no Chad, un país tan de moda na actualidade porque prenderon a españois que acompañaban a franceses. Francia foi a colonizadora do Chad, por iso Ali Mahamat se expresou nesa lingua. Contou ao público asistente (unhas 40 persoas, máis do aforo que permite o Ateneo, pois había xente de pé) a situación lastimosa de milleiros de persoas en campos de refuxiados nunha terra xa de por si fráxil. E pediu que o mundo occidental deixara de enviar armas a África. Saiu a colación o libro do recén falecido  Kapuscinski, Ébano, onde se conta cómo Europa expoliou África coa súa colonización e entón comezaron os debates máis interesantes.

Charla de Ali, asistentes doutros países

Un dos asistentes contou a historia do perfume Channel nº 5, o único que se poñía Marilyn Monroe para durmir, e como a consecución deste perfume deforestou ás illas africanas (Comoras) productoras da planta coa que se fai. Non foi no século pasado. Está sucedendo. Aínda que outro dos que participou no público estaba en total desacordo con que a culpa fose do colonialismo, Ali Mahamat asegurou que "unha nai ten a obriga de coidar do seu fillo ata a maioría de idade", en referencia a que Europa deixou tirada África cando se foi e hoxe segue a poñer gobernos títeres para facer negocios. Dixo que moitas das democracias que se din tales non o son, son pura fachada, e que cando van observadores internacionais, os primeiros que firman que todo foi ben son "estranamente" os que primeiro fan inmellorábeis negocios co país "observado". Con respecto aos nenos "sen acompañante" do Chad, di que en África "a seguridade social" é a familia e que cando un neno queda orfo, sempre hai un familiar ou alguén cercano que se fai cargo. Que pode haber casos puntuais, pero non hai "nenos da rúa" coma noutras partes do globo. De feito, el, como xefe tradicional alí, acolle a un neno orfo. Contou tamén que non sabe a súa idade, pois en África o estado apenas está desenvolvido e as actas de nacemento son escasas. Cando ingresou na universidade francesa, foi a señora que lle deu estudos a que decidiu cando nacera. Daí que moitos africanos teñan como data de nacemento -ficticia- o 1 de xaneiro do ano que sexa.

Ateneo con África

O presidente do Ateneo Valle-Inclán, Santos Oujo, preguntoulle a Ali Mahamat se fixeran estimacións do que custaría que voltasen á casa todos os desprazados e refuxiados que ateigan as fronteiras chadiáns e dixo que aínda non se fixo ese traballo de estimación. Este mes comeza unha campaña de sensibilización cos xefes tribais de Chad para seguir unha serie de pasos -entre goberno, oenexés e pobo chadián- que resolva o conflicto. Os ataques nesa zona africano deixaron de rexistrarse en marzo deste ano e parece que os rebeldes non están organizados. Ali pediu solidariedade, que non se envíen armas, e dixo que os africanos teñen que ser inseridos na globalización, ou van ser sempre un problema para os europeos e o mundo occidental.

Tamén houbo tempo para o folclore ribeirense

Pandereteiras de Tahume actuaron para o conferenciante Ali e o público

Para quen aínda sexa escéptico sobre o que pasa en África, podemos dar un par de datos máis. En Senegal, o prezo do maní (cacahuete) márcao Francia, principal importador -e antigo colonizador-. Moitas terras empregáronse para este froito en lugar de para a agricultura de subsistencia -aquí en Galicia ben sabemos o que é- a que estaban destinadas. O resultado é que, como cada vez se paga pior, algunha xente pasa fame en anos malos. Hoxendía.

En canto á informática: vostede pode ler esto porque ten Internet. Mellor ou pior, pero tena. África ten tamén esa revolución pendentes. Só un 4% dos africanos podería ler esto se falase ou entendese galego. É moita diferenza, non lles parece?


Vostede pode ser un axente cultural da súa comunidade. E espallar nesta páxina web o que vostede queira.

Non teña medo! Só fai falta tempo, vontade e un pouco de maña con Internet. Escríbanos: redaccion@certo.es

 

De perfil

(Con motivo da presenza de Antón Reixa o 4 de novembro de 2007 en Corrubedo, reproducimos unha entrevista feita por un dos compoñentes de Certo cando aínda non había euros. Parécenos de interese porque mudaron poucas cousas desde entón)

Perfil: Trazo delicado e rápido que se fai escribindo.

Nome?

Antón Reixa

Nacionalidade?


Galego

Profesión?

Artista

Xa están aquí?


Xa están aquí os que son coma nós, un correlato de nós mesmos que é o que sempre está aquí e co que nos debemos encontrar.

Que é máis, un resentido, un bule bule ou un cidadán de Sitio Distinto?

(Risos) Neste momento fundamentalmente un bule bule, e, empezo a pensar que, ademais de se-lo nome do meu programa radiofónico, un bule bule é o que en definitiva fun toda a vida.

Matou algunha vez o porco?

Reixa dirixindo

Matei, pasei moito medo. Estábao ademais a gravar en vídeo e tódalas tomas da miña cámara foron inútiles porque me tremía tanto o pulso que non serviron. Dende aquela valoro e venero moito máis ao porco.

Animal preferido entón, Antón?

Teño o corazón dividido entre a vaca e o porco, pero agora, por unha fase filosófico-existencial na que estou, empezo a fixarme moito máis nos sapoconchos, nas tartarugas pequeniñas; empezo a matinar sobre os bichos máis pequenos, máis lentos e menos abundantes.

Galicia Caníbal ou Fraga Tropical?

Fraga para nada é tropical: Fraga ten poucos calificativos máis alá de si mesmo. Eu cando tiven a fortuna de xuntar esas dúas palabras (Galicia Caníbal) referíame a moitas cousas: que Galicia devora moitas cousas propias, que os galegos somos devorados por moitas cousas e empezo a pensar que agora empezarán a practicar un canibalismo de contragolpe, como diría Arsenio Iglesias -naquel entón adestrador do Deportivo-

Manda Carallo ou é Fraga quen manda?

De momento, é Fraga quen manda, todo o que se pode mandar dende Galicia. E logo vas completando a espiral e vaste encontrando con esferas de poder nunha espiral que, coma sempre, acaba en forma de Pentágono.

Con Luís Tosar

Vostede decide en Sitio Distinto coa Familia Mudanza o Supermartes?

O único programa propio que fixen para TV foi "Sitio Distinto"; o resto dos que nomeas foron obrigas profesionais que, con razón ou sen ela, eu acometín e con moitas e distintas funcións. Pero o único programa que eu deseñei e inventei co meu equipo (un ecquipo para min moi importante), que dirixín e producín e fixen con total libertade foi Sitio Distinto.

Aínda nos queda Portugal?

Si, aínda nos queda Portugal, sempre quedou aí. De tódalas formas, mal consolo é Portugal: coma tódalas cousas próximas hai que amalas, saberse identificar con elas. O portugués ten en grande parte connotacións moi negativas para os galegos; hai galegos ilustrados que pensan que Portugal e todo o que pasa alí é a panacea. Pero hai que identificarse con Portugal con naturalidade, coma algo que está ao lado e que, coma case todo o que tés ao lado, forma parte de ti mesmo.

Traballou con Luís Tosar nesta

Reixa dirixiu este filme, no que traballa
Tosar. Os dous estarán este domingo en Corrubedo.

Vídeocreación, literatura, humor, teatro?

Eu decántome, e sempre o digo e voume resultar pelma a min mesmo, por escribir. Todo o traballo artístico que fixen arrinca da escritura e recentemente fun invitado a un festival de vídeo para poetas do mundo que facemos vídeos cos nosos propios poemas. Dende a escritura volvínme por tódolos medios de expresión que se me foron poñendo por diante.

Por que cor negra para vestir?

Son demasiadas as decisións que se toman minuto a minuto e vestirse de negro ten a facilidade de que un inviste menos tempo en decidir como se combina cada mañá.

Gustaríalle saudar a alguén desde esta páxina?

Neste momento gustaríame saudar a unha rapaza que ten vinte e tantos anos e pesa vinte e poucos kilos, que probablemente cando saia esta entrevista ao mellor morreu. Abordei no programa o tema da anorexia e non me importaría nada parecerme a un deses xornalistas salvavidas por salva-la vida desta rapaza, porque a anorexia non está contemplada na Seguridade Social e a xente morre.

(Entrevista feita no ano 1995)



Páxina anterior: Santiago Páramo
Páxina seguinte: Cultura2