Print This Page

Cultura2

YouTube e xogos para promocionar escritores

Hai un tempo falámoslles de iniciativas baseadas nas novas tecnoloxías para promocionar libros. Foi o caso, por exemplo, da obra "Santa Matriuska", de Iria López Teixeiro, que publicou Biblos co gallo do Día das Letras Galegas do ano 2008.

O vídeo de promoción, ou trailer, era éste:




A autora tamén fixo un blog, que non é tal, senón unha web publicitaria con ese formato, xa que só da información sobre a novela e non hai comentarios nin entradas cotiás. Un blog sobre novela que deu moito que comentar e que aínda se pode ver na Rede é o de Xosé Carlos Caneiro, en http://avidanovademadamebovary.wordpress.com/

Quizais nesa bitácora, cuxo último comentario é do 16 de setembro, estivo unha das polémicas máis interesantes sobre a literatura galega nos últimos tempos. Nesa e no weblog de Eduardo Estévez, http://enconstrucion.blogspot.com, pola retirada do seu premio "González Garcés" ante a reclamación do xornalista e poeta Xavier Lama. Outra forma de empregar as posibilidades de Internet que lle costou 6.500 euros a Eduardo Estévez e a publicación. Pero veulle ben por outro lado, e xa ten o seu poemario comprometido para publicar con Edicións Positivas.

Outra iniciativa, xa no ámbito español e das letras hispanas tamén en Iberoamérica, é a web http://www.conoceralautor.com

Agora, nun paso máis aló, YouTube únese ao xogo de simulación virtual Sims para dar vida á poetisa e activista cultural Iolanda Castaño, en varios vídeos que se poden ver na Rede:





Trátase dunha iniciativa dunha admiradora de Iolanda Castaño e afeccionada ao xogo dos Sims. Así o explica TolaLocaCrazy na súa canle de YouTube, aquí

A web oficial da escritora Iolanda Castaño é http://www.yolandacastano.com

 

Geocultura: o buscador do Ministerio de Cultura

Carro no Museo Etnográfico de Artes
O museo do Gravado de Ribeira sae, pero o Etnográfico non aparece (na foto, o seu interior)

Atopa o Museo do Gravado de Artes en Ribeira pero sitúao no medio da cidade, non encontra o Etnográfico de Artes; en Pobra atopa o Museo de Valle, menos mal; en Rianxo non atopa o Museo do Mar  (só a biblioteca); en Porto do Son atopa sete bibliotecas, nada menos; en Noia só unha biblioteca e ningunha instalación cultural máis...

Moito nos da que esta ferramenta teríase que chamar "geobiblioteca", porque o resto de instalacións culturais non existen para ela. Aínda así, é un camiño a seguir, e pouco costoso.

Vexa a ferramenta na páxina web do Ministerio de Cultura, aquí

Convocado o premio Ramón Piñeiro de ensaio


Ramón Piñeiro foi un dos fundadores de Galaxia


Os traballos poderán presentarse ata o 10 de novembro e o fallo do xurado darase a coñecer en decembro

A secretaria xeral de Política Lingüística, destacou o importante papel de Piñeiro na posta en marcha de proxectos como a editorial Galaxia e o Consello da Cultura Galega


Santiago, 7 de xullo de 2008.- O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Unión Fenosa, veñen de convocar a oitava edición do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.

O prazo para a recepción de orixinais permanecerá aberto ata o 10 de novembro deste ano e o fallo do xurado darase a coñecer en decembro. O galardón está dotado cun único premio de 6.000 euros. A maiores, a editorial Galaxia publicará e comercializará a obra gañadora dentro da súa colección Ensaio.

As bases da oitava convocatoria establecen que poderán participar nela todas as persoas que o desexen, sempre e cando os traballos que presenten sexan inéditos e estean escritos en lingua galega. Ademais, a extensión dos textos deberá abranguer entre 200.000 e 300.000 caracteres. Os orixinais deberán ser enviados mediante carta certificada ás instalacións da editorial Galaxia na cidade de Vigo.

O tema dos ensaios que poderán optar ao galardón será libre, pero as bases polas que se rexe a convocatoria sinalan que na medida do posible os traballos deberán evitar enfoques propios da investigación especializada ou un excesivo carácter académico.

Día das Letras 2009
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades congratúlanse da decisión adoptada pola Real Academia Galega de dedicarlle o día das Letras Galegas do 2009 ao escritor, tradutor e activista da normalización lingüística Ramón Piñeiro López.

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, expresou a súa satisfacción pola homenaxe que ao longo do vindeiro ano se lle vai tributar a Ramón Piñeiro, ao que define como “unha referencia imprescindible para entender a cultura galega e o galeguismo”. Ao mesmo tempo, quixo poñer de manifesto “o importante papel que Ramón Piñeiro xogou na posta en marcha e no desenvolvemento de proxectos cruciais para a nosa cultura, como a editorial Galaxia, que contribuíu á difusión e publicación de centos de libros en galego e á que o Consello da Xunta vén de conceder hai uns días a Medalla de Ouro de Galicia; sen esquecer que fixo posible o nacemento de emblemáticas institucións como o Consello da Cultura Galega”.

Por outra banda, a secretaria xeral de Política Lingüística fixo fincapé no labor que o intelectual nacido en Láncara realizou a prol do proceso de normalización lingüística. Neste sentido, Marisol López sinalou: “Ramón Piñeiro loitou sempre por conseguir que a nosa lingua fose un elemento de unión, un símbolo da identidade galega que estivese por riba de ideoloxías políticas e de visións partidarias”. E engadiu: “A idea de acadar unha galeguización plena da sociedade presidiu a súa vida”.

 

Presentación de libros en Noia o 27 e 28 de xuño

(Vía http://www.barbantia.org)

Barbantia

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Sociedade Liceo de Noia e Edicións Xerais de Galicia, coincidindo coa saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, convidan á presentación dos libros Veleno tinto, de Ramón Carredano

Ramón Carredano; e mais Cazaría salvaxe, de

Agustín Agra BarreiroAgustín Agra. Ao acto, que terá lugar o vindeiro venres 27 de xuño, ás 20:30 horas, no Liceo de Noia, asistirán ámbolos dous escritores. Así mesmo, estarán presentes Carlos Mosteiro, escritor e vicepresidente de Barbantia, e Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia.

Claustro do Concello de Noia

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Concello de Noia e a Editorial Toxosoutos convidan tamén, ás 20:30 horas do vindeiro sábado 28 de xuño, no claustro do Concello de Noia, á presentación do libro de

Xerardo AgrafoxoXerardo Agrafoxo Noia no cambio de século, coa presenza do autor; de Antón Rodríguez Gallardo, historiador e membro de Barbantia; e mais de Iria Lago, directora da Editorial Toxosoutos.


Páxina anterior: Cultura
Páxina seguinte: Letras Galegas