Print This Page

Comunicados PSOE

Rafael García Guerrero reelixido secretario xeral do PsdeG-PSOE de Noia

(Nota do 13 de outubro de 2008)



Os socialistas noieses elixen a nova executiva por unanimidade e dentro dun amplo consenso interno na agrupación.



A asamblea extraordinaria da agrupación local do PsdeG-PSOE do sábado 11 de Outubro de 2008 na casa da cultura de Noia serviu para amosar a unidade do PSOE noiés, que dentro dun amplo consenso renovou por unanimidade a executiva local, cunha única candidatura encabezada polo anterior secretario xeral e alcalde Rafael García Guerrero.


A nova executiva está composta por ... membros:


Secretario Xeral: Rafael García Guerrero

Secretario de Organización: José Antonio López Hernando.

Secretario de Política Institucional: José Rodríguez Agulleiro.

Vocal: María Soledad Lojo Souto.

Vocal: José Manuel González Canabal.

Vocal: Santiago Queiro Hermida.

Vocal: María Elena López Vieites

Vocal: Domingo Manuel Fontelos González.

Vocal: Marcos Creo Guerrero.

Vocal: Concepción Miguéns Angueira

Vocal: Antonio Mayán Guerrero.

Vocal: Juan José Calvo blanco.

Vocal: Rosa Ana Mariño González

Vocal: Pedro Creo Barreiro

Vocal: Carlos Salgado Quiroga

Vocal: José Manuel Romero Castro.

Vocal: Andres Alfonso Rodríguez Moledo

Vocal: Manuel Fernández Abeijón.


A nova executiva marcouse como obxectivos prioritarios colaborar co grupo municipal socialista no concello de Noia, incrementar a militancia e unha maior implicación co movemento asociativo.


A asamblea tamén elixiu a José Manuel González Canabal como representante da agrupación local no Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE, co que Noia contará con tres representante neste órgano galego do partido socialista, xa que tanto Rafael García Guerrero como o deputado José Manuel Lage Tuñas son membros do partido.


O Secretario Xeral Rafael García Guerrero agradeceu o apoio da agrupación, e destacou que desde finais do ano 98 que é secretario xeral, nunca, como agora, houbo un partido tan unido. “Creo que todos temos feito un gran esforzo para acadar a harmonía necesaria para o bo desenvolvemento da agrupación local e ter un partido unido”.


Rafael Guerrero sinalou que coas altas solicitadas a agrupación socialista noiesa pasará a ser a agrupación máis importante da zona, este incremento da militancia é froito do clima de tranquilidade e unidade existente, o que crea grandes espectativas de crecemento para os socialistas noieses.

O secretario xeral destacou o apoio da agrupación socialista ao grupo municipal, que nas últimas asambleas apoio por unanimidade o traballo desenvolvido polo Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Noia, cun apoio especialmente unanime e caluroso cara a concelleira de Seguridade Cidadá Rosana Mariño González que sufriu nos últimos meses a presión política doutros grupos.



Páxina anterior: Notas PSOE
Páxina seguinte: Notas PP