Print This Page

Rally

Rally de Noia 2008



Cartaz Rally de Noia

   A XXIV edición do Rali Ría de Noia disputaráse os vindeiros días 18, 19 e 20 de abril, polos concellos de Noia, Lousame, Outes e Porto do Son.

A Carreira comezará ás 07:45 horas do día 19, rematando arredor das 21:00 horas.

  A entrega de premios está organizada no Coliseo Noela, de Noia en torno ás 00:30 horas do día 20.

Os 4 tramos nos que se divide o rali son San Paio (unha evolución sobre o do ano pasado ), de 10,2 km, San Finx, recuperado de 2005 con 12,650 km, e xa pola tarde Outes, con 8,500 km e Montemuíño con 16,650 km.

A lista de inscritos supera os 130, con nomes como Alberto Meira, Bamarti, Burgo, Penido, Vilariño, Redondo, etc.

A web da Federación Galega de Automobilismo é http://www.fga.es

 

Rally de Noia 2007

Xuntámosvos 14 vídeos que subiron a You Tube distintos afeccionados a esta modalidade do automobilismo:


O 7 de decembro engadiu estes vídeos do Rally de Noia 2005 o piloto Juan Lojo. Ata hai un episodio violento entre o público que asistía...




 

 

Ganou Juan Lojo

Non houbo sorpresas. O Campionato Galego quedou decidido en Ribeira. O segundo foi Celestino Iglesias. Estamos á espera de que nos pasen toda a táboa de clasificación. Temos fotos e vídeos. Foi unha xornada de motor emocionante no Barbanza, en Ribeira.

Houbo pequenos atascos no acceso: moita xente, moito coche

Pequenos atascos no acceso

O que saúda non é Hannibal Lecter, é Lisi Abelleira


Lisi dando o Ok


Este que se ri non é Jack Nicholson en El resplandor, é Angel Abelleira


Anxo Abelleira falando

Lisi facendo as súas celebradas piruetas ao volante


Lisi derrapando

Había todo tipo de vehículos

Lisi e outro agardando na manga oficial

Homenaxes

Moitos coches tuneados

A Escudería Abe Sport de Ribeira organizou o 10 de novembro o I Slalom ‘Caeiro-Renault Riveira’, que puntuaba para o Campionato Galego e se decidiu alí, xa que Juan Lojo, o primeiro clasificado, e Celestino Iglesias, o segundo, quedaron a moi poucos puntos, con cadanseu Saxo VTS.  Disputouse no circuito do Canaveiro-Oleiros e participaron 19 coches.

O circuito quedaba a 100 metros da rotonda que vai ao Hospital da Barbanza, en dirección Corrubedo. A organización non prevía ter tanta xente, e tantos coches, e houbo algún que outro atranco na entrada, xa que só se podía circular nun sentido cada vez.


Páxina anterior: Diego Silva
Páxina seguinte: Barbanza