Print This Page

Tendencias

Non escaralles a parada de bus: decóraa!


Vía Capítulo 0 descubrimos os Wacky Archives, e neles, estas paradas creativas de bus. E ocorréusenos o que segue (nós practicamos xornalismo de ocorrencia, ás veces de coincidencia, pasabamos por alí e...). Ao gran:

Pero había necesidade de facerlle esto a esta marquesina en Porto do Son?



Non sería mellor poñela así?



E para que romperlle os cristais a esta en Exipto, en Boiro?



Non nos gustaría máis que lle fixeran esto?



Non é que sexa fea, pero da moito que limpar esta parada en Boiro




A nós parécenos máis riquiña esta modalidade para esperar o Arriva. As avoas agradeceríano




E logo que nos din dos palcos horrorosos das festas? Como se poden construír aínda adefesios semellantes?




Nós propoñemos que os disimulen un pouco mentres non se usan (só se empregan unha ou dúas veces en todo o ano na meirande parte das parroquias). Por exemplo, así:




E xa, botándolle un pouco de imaxinación, poderían facer deseños que sorprendesen aos adultos e enfeitizasen aos nenos, como este:


 

Carreiras no Google Earth


Que moita xente non ten moito que facer está claro. Pero adicarse a deseñar xogos para Google Earth pode ser unha saída laboral coma outra calquera. Bótenlle unha ollada a esta páxina. Se non da feito, nós propoñémoslles algunhas carreiras que probamos, co enderezo exacto que ten que poñer para que lle saian os automóbiles. Non vale ir polo mar co coche, que non é unha planeadora...

Coidado con este xogo, pois pode ser adictivo. E sobre todo na oficina. Xa lle tivemos que cortar o gas ao noso redactor máis xogueteiro. Aquí só informamos, e cando podemos, damos probas de que fixemos esas carreiras. Fíxense nos pantallazos (este primeiro de Ribeira deberíalle dar unha pista a Capitanía Marítima sobre a velocidade dalgunhas lanchas ao entrar no porto...):


En Ribeira fomos da Avenida del Malecón, Ribeira a Rúa de Arousa, Ribeira


En Boiro, de Rúa de la Principal, Boiro a Rúa del número tres, Boiro


En Rianxo, de Rúa de Abaixo, Rianxo a Urbanización Martelo, Rianxo


En Noia, de Rúa de Galicia, Noia a Rúa de Outonil, Noia

 

Lancemos ás barbanzanas á fama!

Agora que non está a web do Plaza -onde estará Tucho? Non levou o xeolocalizador posto?- actualizada, os barbanzanos estannos a pedir fotos xeitosas de rapazas. Pois imos facer unha proposta: da traballo, pero a fama é para quen a traballa, igual que a palabra (Camilo Franco dixit)


Acaba de nacer a Chickipedia, unha especie de Wikipedia pero só para mozas que "interesan". Concedémoslle á web do Plaza que foi pioneira en lanzar barbanzanas á fama internetera (só hai que ver a foto superior) pero agora buscamos voluntarios que queiran poñer ás féminas do Barbanza no máis alto da Chickipedia. Aínda acabamos de poñer este artigo agora mesmo e xa nos chega un correo preguntando que significa Chick: aparte de "poliño", o uso máis frecuente nese idioma, e nesta enciclopedia por descontado, é "nena". Xa nos está a berrar outra vez a redactora. Menos mal que é becaria!

Todas as instruccións están alí. Só hai que enviar boas fotos, vídeos se pode ser, e os datos que piden. Non é con ningún fin en particular -absterse desesperados por atopar noiva- senón por evitar, unha vez máis, quedarnos fóra de xogo nesta nova tendencia (ese é o xeito fino de decilo, o noso avó diría "o que van comer os vermes, que o vexan os meus ollos antes en internes". Hedonista que nos saíu o avó, nin que fora o de Little Miss Sunshine).

 

Tendencia ao desastre

Arquitectónico neste caso. Acaban de colgar as fotos gañadoras de desastres arquitectónicos galegos. Nin que só houbera diso en Lugo. A nós ocórresenos que no Barbanza pode haber centos de imaxes, pero, se algún día temos cartos para premios, xa convocaremos o concurso. Mentres, vexan e pásmense do que fan por aí adiante. Aquí.

Nós tendemos á equidade, por moi xornalistas que sexamos. E non podemos pasar por alto que tamén hai "Acertos arquitectónicos". Aquí

 

Listas, ou como xerar contidos para pasalo tempo


Nós vémolo como un pasatempo. Cada lista (a dos máis guapos, os máis nugalláns, as máis belas, os mellores futbolistas) é relativa en si mesma. Todo depende do criterio co que fora feita. Propoñémoslle como pasatempo algunhas das que se publican por aí. E mesmo nós facemos unha, tan subxectiva e tendenciosa -por iso a metemos en Tendencias- como calquera outra.

Para os que queren estar á última ou penúltima en música, o xornal Time (tan global coma nós ou El País, non sabemos se o coñecen :) propón estes temas e grupos como TOP TEN (os dez máis altos para quen se perdeu esta clase de inglés):

Amy Winehouse

1.- "Rehab", de Amy Winehouse.
2.- "1, 2, 3, 4", de Feist
3.- "Umbrella", de Rihanna (a canción máis sexy do 2007)
4.- "All my friends", de LCD SoundSystem
5.- "Jigsaw falling into place", de Radiohead (vaia lea montaron por deixarlle aos seus fans que puxeran prezo ao último disco seu).
6.- "I Get Money", de 50 Cent.
7.- "Hey there Delilah", de Plain White T's
8.- "Me llaman Calle", de Manu Chao (non se perdan "La Radiolina", o disco enteiro é unha marabilla se lles gusta a pachanga).
9.- "Potential Break-Up Song", de Aly & AJ
10.- "Baby Fratelli", de The Fratellis.

Para os fanáticos da fotografía, propoñémoslles non dez, senón 19 fotógrafos:



Dezaoito nesta páxina: http://www.quierosercreativo.com/18-fotografos-con-talento/

E un, que ten todo moi ben presentadiño, nesta: http://www.manuelgual.com/

Para os cinéfagos, máis que para os cinéfilos,  hai un crítico de cine que lles "recomenda" o peor de 2007. Prema na imaxe

Abandoned


Para os devoradores de blogs: os doce que teñen que seguir en 2008 se é que aínda non os len.

1.- O de Enrique Meneses

2.- Neofronteras

3.- Reinventando los medios

4.- Bestiaria

5.- Espoiler

6.- Microsiervos

7.- Erótica curiosa

8.- Motorpasión

9.- As uvas na solaina

10.- O refraneiro

11.- La Petite Claudine


12.- Consume hasta morir

E non desbotamos propoñerlles algunha máis. Dependerá do humor,do tempo e doutras circunstancias imprevisibles. Xa sabe que con nós non hai nada fixo.

 


O que vén, ou semella que vén, polos que ben o ven

Dótanos de contido este portal: Tendencias21



Páxina anterior: Sexoloxía
Páxina seguinte: Negocios