Turismo
Industria achegará 200.000 euros para a mellora da oferta turística da zona a través dunha sinalización efectiva

Innovación e Industria colaborará coa mancomunidade de Arousa Norte para a adaptación da sinalización turística da zona
Santiago, 14 de novembro de 2008.- O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinou hoxe co presidente da Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa Zona Norte e alcalde de Riveira, Xosé Luís Torres Colomer, un convenio de colaboración para a mellora da oferta turística de Arousa Norte cunha posta en valor dos seus recursos turísticos a través dunha sinalización efectiva. Ao acto tamén asistiron os alcaldes dos concellos da comarca, Xosé Deira (Boiro), Pedro Hermida (Rianxo) e Isaac Maceiras (Pobra do Caramiñal).
A mellora da oferta turística de Arousa Norte e a súa sustentabilidade económica, social e medio ambiental precisa dunha mellora da calidade do medio urbano e natural dos concellos que a integran; unha ampliación e mellora dos servizos públicos, unha adaptación da oferta pública e privada ás tendencias da demanda e a posta en valor dos seus recursos turísticos. A sinatura deste convenio de colaboración permitirá que se leve a cabo a dotación de infraestruturas turísticas, a creación de novos produtos turísticos, a posta en valor de recursos turísticos existentes e a sensibilización e implicación da poboación sobre a importancia do desenvolvemento turístico participativo.

Este modelo tampouco está mal. O entorno, un tanto asilveirado, pero o indicador, magnífico
O acordo de colaboración implica que se teña en conta o turismo sostible como principal eixo de desenvolvemento socioeconómico para este territorio no futuro, cunha aposta decidida pola calidade e a singularidade do produto. Do mesmo xeito, implica a reflexión estratéxica global na procura da coordinación de actuacións que inciden no sector turístico por parte de diversas administracións públicas con competencia neste territorio, prestando especial atención ás políticas de integración medioambiental e de desenvolvemento rural.
O convenio terá unha duración estimada de dous anos a partires da súa sinatura e a Consellería de Innovación e Industria fará unha achega de 200.000 euros que se distribuirán en dúas anualidades: 150.000 en 2008 e 50.000 euros en 2009. Innovación e Industria comprométese a considerar prioritarios dentro dos seus programas de actuación e de apoio ao sector os proxectos turísticos do Plan Previo á creación do Consorcio Arousa Norte. Pola súa banda, a Mancomunidade Arousa Norte comprométese a procurar o logro dos obxectivos e as realizacións do Plan entre a poboación e os axentes turísticos dos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. Así mesmo, velará polo desenvolvemento da actividade turística no exercicio das súas competencias.
O obxectivo fundamental deste tipo de acordos é desenvolver diferentes actuacións coa finalidade de mellorar a situación turística de Galicia, promovendo plans, programas e normas para a modernización e adecuación da industria turística ás tendencias da demanda.
En Certo, o ano pasado, propuxemos este xogo visual:
Vexa as diferencias
Propoñémoslles un xogo visual aos nosos lectores na web. Intente ver as diferencias (aquilo que distingue unha cousa doutra) entre os paneis que se amosan de seguido.
Será que o superior non ten páxina web de enlace? Ou que o de abaixo é máis grande? Está mellor escollida a cor da de enrriba? Vese pouco o de 30 km do de abaixo? Non sabemos, esperamos que os nosos lectores sexan máis intelixentes ca nós e atopen algunha diferencia na forma de promocionar o turismo que se facía no Barbanza e a que se fai no Salnés. Ao mellor iso explica un pouquiño tamén a diferencia (cantidade que resulta da substracción doutras).
Arriva promueve el turismo a Arousa Norte entre un millón de viajeros de sus mayores líneas de autobús en Galicia
(Nota da empresa de transporte de viaxeiros)
16 de octubre de 2008
La empresa de transporte público emitirá un video en sus vehículos para promocionar el sector turístico de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo y Riveira
Un millón de pasajeros de Arriva podrán descubrir los atractivos de viajar a la comarca de O Barbanza tras el convenio firmado hoy por el director de Desarrollo de la operadora, Javier Gilda, y el presidente de la Mancomunidade Arousa Norte, José Luis Torres Colomer.
Arriva, una de las primeras compañías europeas del transporte público, se ha comprometido a promover el turismo a los concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo y Riveira emitiendo un vídeo promocional sobre estos destinos en los autobuses de sus mayores líneas en las provincias de A Coruña y Lugo. Las imágenes se proyectarán en todas las expediciones diarias de Arriva entre Santiago y Riveira; Santiago y Burela; Viveiro y Ribadeo; Ribadeo y Lugo; Lugo y A Coruña; y A Coruña y Viveiro.
INTERÉS POR O BARBANZA
En el evento de firma del convenio, el directivo de Arriva Javier Gilda afirmó que esta iniciativa responde al “especial interés” de la compañía por O Barbanza, una comarca en la que ofrecen transporte público a más de 430.000 viajeros al año. Adelantó que estudian mejorar las conexiones actuales con la futura puesta en marcha de la autovía, y que no se descarta la instalación en esa línea de acceso gratuito a Internet mediante Wi-Fi, como ofrecen actualmente en su autobús directo entre Ferrol y A Coruña.
Notas
En España, Arriva dirige ahora un equipo que supera los 1.000 empleados y dispone de una flota de 445 vehículos en Galicia, Madrid y Mallorca. En Galicia, Arriva es la principal operadora de autobús en el Norte de la Comunidad, con 142 autobuses y 240 trabajadores.
Arriva es una de las mayores compañías de servicios de transporte de Europa, con operadoras en 10 países: España, Reino Unido, Portugal, Italia, Alemania, Holanda, Dinamarca, República Checa, Suecia y Polonia. Ofrece más de mil millones de pasajes diarios todos los años de autobús, autocar, ferrocarril y transbordador. Cuenta con una plantilla superior a los 40.000 profesionales y dispone de una flota que supera los 15.000 autobuses, además de un parque ferroviario de 500 trenes (incluyendo los de empresas participadas).
Web de Arriva: http://www.arriva.es
Pleno da Mancomunidade Arousa Norte
Día: luns, 1 de setembro de 2008
Hora: 11.00 h
Lugar: Sede da Mancomunidade
ORDE DO DÍA:
-
Lectura e aprobación da acta anterior, se procedese.
-
Acordo de adhesión da Mancomunidade ó grupo de acción costeira (GAC).
-
Acordo sobre o convenio de colaboración entre a Mancomunidade Arousa Norte e a Dirección Xeral de Turismo para o ano 2008: proposta e achega económica da Mancomunidade.
-
Expediente de modificación de crédito para o convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Turismo e a Mancomunidade Arousa Norte , se procedese.
-
Dación de conta das resolucións de presidencia.
-
Débedas pendentes dos concellos integrantes da Mancomunidade.
-
Dación de conta da marcha de Mancomunidade.
-
Escritos e comunicados.
-
Rogos e preguntas.
Boiro, 27 de agosto de 2008
A web de Arousa Norte é http://www.arousa-norte.es
Páxina anterior: Cultura na emigración
Páxina seguinte: Sitio preferido

