Print This Page

WebPobra.com

Emily Romero, webmaster de Webpobra.com

"A información da web recopileina dalgúns libros que teño na casa, de Google e de información que me proporcionaron na casa mariñeira de A Pobra do Caramiñal"


Emily Romero, a webmaster de Webpobra.com, coa súa cámara no parque de San Roque, en Ribeira

En Certo xa puxeramos a ligazón a esta nova páxina centrada no municipio de A Pobra do Caramiñal, pero quedounos pendente falar coa súa creadora, Emily Romero Figueroa.

É unha moza de 24 anos, mariscadora de profesión, natural de A Pobra e residente na mesma. Polo traballo que está a facer, tamén está claro que é unha namorada da súa vila, pois está a difundila na Rede por amor á arte, un traballo que moitas veces non fan os que o levan no soldo.

    Cando xurde a idea de montar webpobra.com?

A idea estaba aí facía tempo, pero como non son moi experta no tema, non sabía como comezar. Mais o meu amigo Dani Gestoso (webmaster de webboiro.com) axudoume a dar os primeiros pasos.

Canto tempo levas en Internet como usuaria?

Levo cinco ou seis anos navegando. Antes facíaseme un pouco aburrido esto do Internet, pero agora xa é algo indispensable.

WebPobra

Canta xente facedes a páxina? Canto tempo lle adicades?

Pois son eu soa, coa axuda de Dani, claro está. Dedícome a esto cando teño tempo libre. Case sempre na fin de semana, xa que traballo e estou nun curso.

CAD de Pobra   

Hai unha sección enteira adicada ao C.A.D. (Centro Integral de Atención á Discapacidade): tes algunha relación con este centro?

    Iso é un caso especial. Comecei cando o centro abreu as súas portas por primeira vez traballando como monitora de xardinería, posto no que estiven arredor de seis meses. Agora fíxenme voluntaria do C.A.D, participo en todo o que podo con eles, xa que é unha satisfacción para min poder axudar á súa monitora Saray e aos nenos.

De onde sacastes toda a información sobre Pobra?

Pois a información recopileina dalgúns libros que teño na casa, de Google por suposto e de información que me proporcionaron na casa mariñeira de A Pobra do Caramiñal.

Xirimbao
En WebPobra.com pódese ver unha galería sobre a ponte de Xirimbao, en Padrón, na sección "Viajes"

Parécenos moi interesante a sección de Viaxes: polo de agora hai só tres lugares, cando ides ampliar?

    Teño pensado ampliala en canto poda. Aproveito os domingos para saír pasear e levo conmigo a cámara. Pensei que así podía amosar os sitios que imos percorrendo e mostralos para quen non poida ir de momento.

E vídeo, non vos ides lanzar ao vídeo?

    De momento non pensei niso. Aínda non dou abasto coa cámara de fotos, jajaja.

fotos antigas

Quen colaborou coas fotos antigas?

    Unha amiga, Mónica, que en canto lle comentei o que quería facer xa mas conseguiu. Tamén me ofreceu algunha desdepobra.com

O foro parece que non se move moito: estades a promocionar dalgún xeito a web? En buscadores, redes sociais, etc?

    Esa é outra das cousas que me faltan: aínda non estou ao día acerca diso.

Seguro que tes algunha anécdota da páxina e non te lembras agora: fai un esforzo e cóntanola.

    Ata agora non teño ningunha relevante. O que si, paso moitísima vergonza cando lle saco fotos á xente e se me quedan mirando, ou cando me preguntan se traballo para algún periódico. Entón xa viro encarnada.


Páxina anterior: MySpace
Páxina seguinte: Notas recibidas